Esta noite as sombras baixaron das paredes e decidiron celebrar unha festa. Chegaron sen zapatos, silenciosas, alongándose baixo a luz das lámpadas. Unhas bailaban lentamente; outras agochábanse detrás das portas. Eu quedei mirando como ocupaban a casa que durante o día cría miña. Había sombras antigas, talvez dos que viviron aquí antes ca min. Había tamén unha que repetía cada un dos meus movementos. Quixen preguntarlle quen era, pero apagouse a música de repente. Entón todas correron cara ás esquinas, coma paxaros sorprendidos pola madrugada. Só quedou a miña, quieta diante de min, esperando. E comprendín que algunhas festas terminan cando un se atreve a acender a luz. (José María Máiz Togores)
Descubre más desde MIENTRAS DURE
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.
